Montefurado, principal escenario dos incendios este verán no sur de Lugo

Incendio hoxe en Montefurado / Imaxe cedida por un veciño de Montefurado

Esta mediodía producíronse dous incendios na contorna da N-120 e Montefurado. Os incendios, xa extinguidos, comezaron con escasos minutos de diferenza. Neste verán xa se teñen producido máis de media ducia de incendios en Montefurado e a súa contorna.

Zona afectada polo lume, entre a N-120 e a estación de ferrocarril de Montefurado. Foto: Brigada de Marrozos

Recentemente a Garda Civil detiña a dúas persoas como sospeitosas de provocar estes incendios. Despois de prestar declaración, os detidos foron postos en liberdade.

Desde o Seprona teñen comunicado as súas sospeitas de que un dos detidos podería estar provocando os incendios para xustificar o mantemento de servizos forestais nos que tiña traballado.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here