Dous novos policías municipais en Monforte

Os novos axentes de policía municipal, que tomaron posesión este día 21 no Concello de Monforte, son Verónica Pérez Amaro, natural de Monforte, e Roberto Cameselle Fernández, natural de Vigo.

Toma de posesión dos novos policías / Concello de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu este mércores a toma de posesión coma funcionarios de carreira de dous novos policías municipais da cidade do Cabe, que dende hoxe pasan a pertencer ó cadro de persoal do Concello de Monforte de Lemos e que na vindeira semana comezarán a desenvolver as súas funcións na cidade. O Concello conta agora cunha plantilla de 14 policías locais.

Os novos axentes ocupan desde este mércores a súa praza de policías locais do Concello de Monforte, encadradas na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, na categoría de policía, grupo C1, correspondentes á Modificación da OEP 2018.

Acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e a Concelleira de Tráfico e Mobilidade, Pilar Espinosa, ademais do Xefe da Policía Local, Miguel Martínez, o Alcalde aproveitou tamén esta primeira toma de contacto para departir cos dous novos axentes sobre o funcionamento do corpo da Policía Local e outros aspectos relacionados coas súas futuras funcións na cidade e no conxunto do Concello.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here