Dixitalización da industria 4.0

Na zona sur a Xunta subvenciona con 5.000 euros a unha empresa, no Concello de Monforte, de reciclaxe de residuos de construcción e demolición.

Dixitalización / Delegación Territorial

A Xunta, a través da consellería de Economía, Emprego e Industria vén de apoiar cunha achega conxunta de 210.800 euros ós proxectos promovidos por 15 empresas da provincia de Lugo dentro do programa de axudas á dixitalización da Industria 4.0

Estas axudas serven para apoiar a adquisición de equipos e software, así como as colaboracións necesarias para a súa instalación, financiando proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas promovidas a nivel individual. O obxectivo é mellorar o traballo das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais, facilitando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoios avanzados.

Na relación das 15 empresas lucenses beneficiarias hai sectores moi heteroxéneos desde laboratorios a compañías de alimentación, deportivas, de transformación da madeira, montaxes metálicos, recambios e construción ou sociedades cooperativas agrarias. A axuda da Xunta será de 210.800 euros e servirá para apoiar un investimento por valor de 600.300 euros. Os proxectos no eido dixital destas compañías serán financiados ao 30% no caso das pequenas empresas, e ao 20% para as medianas.

Esta liña de apoios inclúese na Axenda Industria 4.0 que destinará 350 millóns de euros en catro anos co obxectivo de anticiparse aos cambios, aumentar o tamaño das empresas, favorecer o talento dixital e a reinvención da industria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here