Iniciosociedade12.000 euros en subvencións a asociacións de carácter social no Concello de...

12.000 euros en subvencións a asociacións de carácter social no Concello de Monforte

O equipo de goberno do Concello de Monforte vén de aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións ou entidades sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de actuacións no ámbito dos servizos sociais no ano 2019.

Publicado o

- Advertisement -

As subvencións desta convocatoria outorgaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación. A contía destinada a estas subvencións para este ano ascende a 12.000 euros, sendo 2.000 euros a contía máxima de subvención por entidade. O importe máximo da subvención para cada proxecto ou actividade non poderá exceder do 70% do seu orzamento.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades de iniciativa social ás que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, que realicen actividades ou desenvolvan proxectos de interese social para o municipio no ámbito dos servizos sociais e que soliciten subvención con cargo a esta convocatoria e reúnan á finalización do prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

  1. Ter a súa razón social ou sede no Concello de Monforte de Lemos.
  2. Carecer de ánimo de lucro.
  3. Estar inscrita no Rexistro municipal de asociacións do Concello de Monforte de Lemos como asociación de clase asistencial.
  4. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias co Concello, coa Seguridade Social e Axencia Tributaria.
  5. Non incorrer en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas previstos na Lei 9/2007, do13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  6. Que a actividade para a que solicitan a subvención estea prevista dentro dos obxectivos da entidade e acorde co establecido na base terceira das bases reguladoras e recollidos nos seus estatutos fundacionais.
  7. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.

Quedan excluídas para estas subvencións, as entidades e asociacións de carácter exclusivamente cultural, veciñal, xuvenís, deportivas, ANPAS e profesionais. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á  publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, publicación que se prevé sexa nos vindeiros días.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...