IniciosociedadeDomingo de artesanía, etnografía e castañas no Incio

Domingo de artesanía, etnografía e castañas no Incio

A XI Feira de Artesanía e Etnografía que terá lugar na Praza da Cruz do Incio este domingo contará con 50 postos de artesáns e venda de produtos, degustacións gastronómicas con castaña, obradoiros, xogos e unha mesa redonda sobre a recuperación dos soutos  

Publicado o

- Advertisement -

A décimo primeira edición deste encontro artesanal que busca recuperar os oficios tradicionais contará coa participación de 50 postos artesáns e terá como protagonista a castaña, un dos produtos autóctonos máis relevantes da provincia de Lugo.

A cita abrirase co pregón ás 12.00 da poeta, Olga Novo. Ás 13.00 comezará unha mesa redonda cos membros da Cooperativa Amarelante, Premio Agader 2019, sobre a explotación dos soutos abandonados para incentivar a súa recuperación como fonte de recursos económicos. Á mesma hora tamén haberá degustación de varias receitas de caldo de castañas.

ÁS 17.00 organizarase un concurso de repostería a base de castaña, e un concurso de baile ás 18:00 horas. Durante toda a xornada haberá xogos tradicionais e infantís e música da charanga BB+ e dun grupo de gaiteiros. Todas as actividades ao aire libre desenvolveranse na Praza da Cruz do Incio, entre a Igrexa e o Concello.

A Deputación é a principal patrocinadora desta cita cunha achega de 4.000 euros e tamén colabora a través do CentrAD levando demostracións artesáns de torno de madeira, que terán lugar de 13:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, lembrou no acto de prensentación que esta celebración naceu a iniciativa dos veciños “recuperando cada ano a memoria dun modo de vida.”

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...