10 Distincións Gallaecia para viños da D.O. Ribeira Sacra

A Asociación de Sumilleres Gallaecia vén de celebrar a cata final para os “Distinguidos Gallaecia”. A D.O. Ribeira Sacra presentou a esta edición, 96 mostras de 26 adegas, 64 de viños tintos, 27 de viños brancos e 5 de viños rosados. 10 deles son Distinguidos Gallaecia 2019.

Viño D.O. Ribeira Sacra / C.R.D.O.R.S.

Nesta edición, para as Distincións Gallaecia2019 participaron un total de 640 Viños e Destilados de todas as DD.OO. de Galicia. Montáronse 14 paneis de cata conformados por 51 catadores de toda Galicia. 73 referencias conforman as “Distincións Gallaecia 2019”. 10 delas pertencen á D.O. Ribeira Sacra.

Distinguidos Gallaecia 2019 / D.O. Ribeira Sacra

Os catadores que participaron na cata final para os Dintinguidos Gallaecia foron:

  • Aurelio Vázquez (Presidente Gallaecia – Sumiller rest. Casa Aurelio)
  • Luis Paadín (Secretario de Catas – Autor da Guía de Viños de Galicia)
  • Alejandro Paadín (Vicepresidente Gallaecia – Xerente Paadín Eventos)
  • Pedro Sestayo (Tesoureiro Gallaecia – Formador de hostalería)
  • Manuel Corralero (Sumiller Hotel Plaza ****)
  • Natalia Cid (Sumiller)
  • Rebeca André (Miembro del panel de calificación D.O. Monterrei)
  • José Dopazo (Membro do panel de calificación  D.O.  Rías Baixas)
  • Erika Laíño (Promoción & Comunicación D.O Ribeiro)
  • Pablo Vidal (Membro do panel de calificación  D.O.  Valdeorras)
  • Ana Belén López (Técnica del C.R.D.O. Ribeira Sacra)

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here