Esperta Monforte solicita o arranxo da rúa Cardeal en Monforte

A formación política, na oposición no Concello de Monforte, apoia a petición do PP en xullo solicitando o arranxo urxente da rúa Cardeal e solicitan tamén unha regulación para o acceso de vehículos á mesma.

Rúa Cardenal/ XdL

As repetidas caídas que se están a producir na rúa Cardeal de Monforte están provocando un clima de preocupación importante na cidade do Cabe que empeza a ter incidencia tamén a nivel político.

No pasado pleno municipal do 27 de xullo a portavoz do PP Katherine Varela presentou un rogo relativo ao estado da rúa Cardenal no que solicitaba que se levasen a cabo as actuacións necesarias para a reparación da rúa Cardeal e de todas as rúas peonís en xeral.

Con estes antecedentes, o firme desta coñecida rúa monfortina volveu ser noticia nos medios o pasado 2 de setembro. Dúas persoas maiores caeron novamente nesta rúa en tan só media hora de diferencia, sumándose así a outras dúas que caeron o pasado 3 de xullo, a outra o 16 de xullo e a unha anterior o 16 de xuño, precisando todas elas de asistencia médica.

O grupo municipal de espertamonforte!, ademais de apoiar a petición da voceira do PP solicitando o arranxo desta rúa ata a Praza de España á maior bervidade, solicita “rodear con piso engomado as árbores e a regulación do acceso de vehículos a esta rúa, especialmente os de transportes de mercadorías que entran para realizar tarefas decargas e descargas”. Segundo o grupo político “o feito de estar entrando vehículos deste tipo seguramente non axude ao mantemento e ao bo estado do firme”.

Na formación Esperta Monforte trasladan tamén á prensa a súa sorpresa en relación á reacción do rexedor monfortino dicindo “cal foi a nosa sorpresa cando a resposta do Señor Alcalde ía enfocada á mala sorte dos viandantes, posto que non é capaz de recoñecer o mal estado da rúa, salvo nalgunha zona de árboles na que si que admite que as raíces levantan as pedras, respondendo a esta cuestión nos seguintes termos”:

Lamento as persoas que caen e que se poidan lastimar no Cardeal e en calquera outro sitio, […] pero as veces un cae e se lastima… e claro, eu digo esa persoa que cae no Cardeal se estivera nunha parroquia donde non hai aceras e non é lisa a calle que pasaría? Ou hai que facer aceras tamén nas aldeas?“

“No cardenal coincidiu nun momento en que caeron varias persoas e hai que lamentar que se fixeron daño pero a calle do Cardenal por moito que se publique na prensa non está mal como se dice […].“

Respecto a algunhas alegacións de que a obra foi realizada cando gobernaba o partido anterior Esperta Monforte di que cómpre “facer memoria e recorrer á hemeroteca en prensa escrita”. E engaden “podemos comezar lembrando que xa a mediados da década pasada o propio Nazario Pin ameazaba con demandar á empresa adxudicataria INDEZA polos graves defectos constructivos da urbanización a rúa Cardenal, pero anos despois no 2007 a concelleira María Xosé Vega confirmaba que non había constancia no concello da presentación do contencioso. A decisión de reparar a rúa e esixir posteriormente a cantidade desembolsada fora adoptada por maioría nun pleno celebrado en febreiro de 1999, tras constatar un informe encargado á empresa Norcontrol no que se constataban graves anomalías na execución do proxecto”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here