Iniciosociedade‘Activa Monforte 2019’, un bo plan para este outono

‘Activa Monforte 2019’, un bo plan para este outono

O Concello de Monforte oferta de outubro a decembro un total de 22 actividades no Centro Cívico e 6 nas parroquias. As actividades diríxense tanto a maiores de 55 anos como a maiores de 14 anos e o prazo para anotarse empeza este luns 9 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

Este programa de ‘lecer activo’, que impulsa o concello dende hai uns anos, supérase cada ano e a demanda para participar nos mesmos vai en aumento, tanto é así que a oferta de actividades medra tamén nese sentido. A intención é deseñar cada trimestre unha programación atractiva, variada e que intente cubrir os intereses de diferentes xeracións. Os obxectivos son favorecer o envellecemento activo, promover o intercambio interxeracional e a participación social dos veciños e veciñas da cidade do Cabe.

Este luns día 9 de setembro comeza de xeito oficial o prazo para anotarse nas actividades do Programa Activa 2019 que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro tanto no Centro Cívico Social coma nas parroquias.

Para esta ocasión ofértanse un total de 22 actividades no Centro Cívico-Social, divididas en dous bloques segundo a idades -actividades para maiores de 55 anos e actividades para maiores de 14 anos- e 6 actividades nas parroquias.

Convócanse un total de 565 prazas das cales, 315 corresponden a actividades do Centro Cívico e 250 prazas ás parroquias.

As actividades desenvolveranse no período outubro-decembro de 2019 e terán unha duración total de 20 horas cada actividade.

Todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte e están subvencionadas ó 100 % polo Concello de Monforte.

Activa 2019 no Centro Cívico

As actividades ofertadas no Centro Cívico de Monforte son Ximnasia de mantemento (2 grupos), Ximnasia acuática (2 grupos), Conservando a memoria, Risoterapia, Manexo do móbil, internet e correo electrónico (2 grupos), Inglés para maiores, Artesanía e manualidades (2 grupos), Reciclaxe e costura creativa (2 grupos), Encaixe de paliños, Baile (nivel iniciación e perfeccionamento), Cociña consciente e saudable, Fotografía dixital, Beleza e saúde natural e Trucos e ideas para o día a día.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades do Centro Cívico poderán presentar a súa solicitude na Secretaría dos Servizos Sociais situada no primeiro andar de dito Centro Cívico Social (Paseo do Malecón 26), no Rexistro situado na casa do Concello (Praza Campo de San Antonio s/n) ou na sede electrónica a partir deste luns día 9 e ata o 20 de setembro.

Activa 2019 nas parroquias

As actividades ofertadas nas parroquias son Ximnasia de mantemento, Conservando a memoria, Manualidades, Baile, Risoterapia e Reciclaxe e Costura creativa.

No caso das parroquias, serán os representantes destas os que soliciten a concesión dunha actividade das ofertadas. Os/as veciños/as interesados en participar na actividade dirixiranse ó responsable da parroquia para inscribirse na actividade concedida ata esgotarse as prazas. Os prazos de inscrición son os mesmos que no caso anterior, do 9 ó 20 de setembro.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...