Preparándose para a alta velocidade na liña Monforte Vigo

Adif adxudicou o contrato de execución das obras de reparación de 23 pontes do tramo ferroviario Monforte de Lemos-Ourense, na liña Monforte-Vigo. O orzamento deste contrato, adxudicado a Contratas e Servizos Ferroviarios (COSFESA) é de 1.142.965,35 euros e un prazo de execución de 18 meses.

Vías estación de ferrocarril Monforte / P.C.

As melloras nestas 23 pontes consistirán en obras de reforzo e reparación mediante a execución dunha serie de actuacións que eviten a aparición e/ou progresión de danos que leven perdas da funcionalidade e capacidade resistente das estruturas, e que melloren as súas condicións de conservación e durabilidade.

Os traballos de reparación realizaranse na parte inferior da estrutura e traerán consigo breves cortes de circulación, pero executaranse en horario de banda de mantemento, polo que o servizo ferroviario non se verá afectado de modo significativo.

Esta adxudicación enmárcase nas actuacións de mellora do tramo Ourense-Monforte-Lugo, que
teñen como obxectivo optimizar as condicións de explotación comercial do traxecto no que respecta á seguridade, o confort e os tempos de viaxe. Os traballos a realizar están asociados ás condicións e futuros parámetros de explotación en alta velocidade que se expoñen para o traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here