IniciosociedadeVersións, crowfunding e corazón, a música de Pablo Navas

Versións, crowfunding e corazón, a música de Pablo Navas

"Diríalles tira para adiante e segue sempre o teu instinto que te vai levar alá onde queiras. Ás veces o instinto tampouco te leva por onde cres que deben ir os teus pasos. Para min a base é: máis corazón e non tanta cabeza", Pablo Navas.

Publicado o

- Advertisement -

Pablo Navas, músico e cantautor de Santiago de Compotela, poñía a música á sesión vermú desta edición do Festival do Paradiso, que se celebraba este pasado sábado, 7 de setembro en Monforte. Navas acaba de publicar un disco por crowfunding, que se pode adquirir contactando co artista a través das redes sociais Facebook ou Instagram.

Cal é a orixe deste disco e de facelo por crowfunding?

Escribo cancións desde fai moitos anos e adícome a tocar principalmente versións. Levo 10 anos tocando versións en festas e bares, pero non me atrevía a facer nada coas miñas cancións, ata que me dixeron saca un disco. E o mellor modo pareceume facelo por crowfunding.

Como respostou a xente?

Moitísimo mellor que as expectativas que tiña. Puiden sufragar todos os gastos, ter moito merchandising, gravei o disco nun lugar fantástico, o cd ten unha edición moi chula. Fun por tramos, segundo o que a xente quixese era un custe ou outro.

E temos un disco 100% con temas teus.

Cancións, letra e música miñas, arreglos meus. Contratei músicos porque, por exemplo, eu non sei tocar o violín, pero sei compoñer para violín e contratei a músicos que tocaban o que eu compoñía.

Mundos paralelos envasados al vacío é o título do teu traballo. Por que este título?

Hai moitos anos que me veu a idea, aínda non pensaba nun disco, pero pensei, se fago un disco titúloo así como unha cuestión case estética. Pensei, que ben sona. Cando fun elexindo as cancións do disco dinme conta de que encaixaban moito máis, como as cancións todas xuntas son capaces de trasladarte a lugares moi concretos e dentro dunha canción podemos vivir nun mundo paralelo. Ao mesmo tempo moitos dos recordos que temos están asociados a cancións, é como que están envasados ao vacío.

Que nos atopamos nel?

Música miña moi particular e de todo tipo. Para min é complicado definir o disco; desde cancións moi escuras, moi de cantautor con letra profunda, ata rock superlixeiro, divertido, pasando por outras cousas. É un disco con 13 cancións e, que che vou dicir? é un discazo.

Pódese vivir da música?

Pódese sobrevivir, vanme saíndo cousas como este Festival de Náfragos do Paradiso e nas fins de semana teño cousas, están case completos. Durante a semana é máis complidado, pero pódese, pódese.

Cal é o teu público?

O público do meu disco aínda non o sei. Ata agora fixen e fago os concertos que me van saíndo, que son principalmente versións en bares e festas e o público é moi heteroxéneo, xente nova, maior… No caso do meu disco, creo que o que máis se acerca sería á xente que lle gusta o rock indie,… pero definir moito o público non o sei. A música vale para calquera en calquera idade e condición.

O teu obxetivo no mundo da música cal é? A onde esperas chegar?

Non adoito pensar moito a longo prazo. Son bastante realista e estou moi contento coa vida que levo, visito moitos sitios, coñezo a moita xente. A onde me vai levar? vouno descubrindo pouco a pouco. Así sempre me foi ben e espero que siga así.

Á xente que ten as mesmas inquedanzas que tes ti, que lle dirías?

Podería dicir que se adique a outra cousa, pero é broma (jajajajaja). Para min é básico crer no que fas e conectarte con iso. Cando é o teu traballo hai que encontrar un equilibrio entre seguir disfrutando co que fas, sabendo que é o teu modo de vida. É complicado. Diríalles tira para adiante e segue sempre o teu instinto que te vai levar alá onde queiras. Ás veces o instinto tampouco te leva por onde cres que deben ir os teus pasos. Para min a base é: máis corazón e non tanta cabeza.

ÚLTIMAS

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior...