Comezan os paseos en barca polo río Cabe en Monforte

Vista ó río Cabe ó seu paso por Monforte dende a Ponte Vella / XdL

Os paseos en barca polo río Cabe en Monforte comezarán o día 15 de xuño por un prezo de 3.25 euros persoa. O Concello adxudicou o servizo á empresa Club de Montaña e Piragüismo Quixós, que se encargará de xestionar a actividade, tanto de mantemento e condución de barcas como dos cobros e atención ós pasaxeiros.

O punto de inicio da ruta comezará no embarcadeiro do Parque dos Condes de luns a venres de 18:00 a 22:00 horas e os festivos e fins de semana o horario amplíase tamén ás mañáns de 11:00 a 14:00 horas.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here