Cambio de frecuencias da TDT para adaptarse á chegada do 5G

Lugo será a primeira provincia galega que teña que adaptar os seus equipos de recepción. Segundo a subdelegada do Goberno, a adaptación de TDT afectaralles ás comunidades de propietarios dos edificios pero as vivendas unifamiliares non. Calcúlase que na nosa provincia terán que facer ese cambio algo máis de 8.300 edificios.

Antena colectiva. Fonte: framidasa.es

En declaracións aos medios de comunicación, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, lembrou que este mércores 18 de setembro iniciarase o cambio de frecuencias da TDT en 58 municipios de Lugo, de xeito que esta provincia “será a primeira de Galicia na que se aplicará este cambio”.

O cambio de frecuencias é un proceso que non implicará a aparición nin a desaparición de canles de televisión, dado que simplemente se producirá un cambio de frecuencia nos mesmos; nin tampouco que haxa que renovar por parte dos usuarios particulares nin televisores nin descodificadores de TDT.

Pódese completar a información en Lugo Xornal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here