IniciosociedadeLoitando contra 200 variantes de cancro

Loitando contra 200 variantes de cancro

No ano 2017 houbo un total de 228.482 casos de cáncer estimados e os máis diagnosticados foron o de mama, o de próstata, pulmón, vexiga e estómago

Publicado o

- Advertisement -

Se de palabras que dean medo falamos, cancro, posiblemente sexa unha deles. É un término moi amplo que abrangue máis de 200 tipos de enfermidades con características totalmente diferentes, polo que se poden considerar enfermidades independentes, cas súas causas, evolución e tratamento específico.

A súa orixe radica cando as células normais se transforman en canceríxenas, é dicir, adquiren a capacidade de multiplicarse descontroladamente e invaden texidos e outros órganos.

Se ven é certo que nos últimos anos a mortalidade por este tipo de enfermidade reduciuse nun 20% por mor dos avances científicos, unha de cada tres mulleres, e un de cada dous homes, están en risco de padecelo en calquera das súas variantes nalgún momento da súa vida.

Múltiples asociacións en toda España como “Chantada contra o cancrotraballan diariamente para que os pacentes e familiares desta doenza teñan un día a día máis levadeiro. Dende as súas dependencias traballan diariamente aconsellando e axudando a todo aquel que decida acudir ata eles. María Jesús Rodríguez é a presidenta desta asociación creada en decembro do 2016.

María Jesús, como xurdíu a idea de crear esta asociación e cantos membros sodes actualmente na asociación?

A iniciativa xurdiu a raíz de que algúns de nós padecemos a enfermidade e outros temos familiares directos nesa misma situación. Xuntamónos e todos nos queixábamos de que estábamos bastante afastados de toda a información e actividades relacionadas co cancro. Moitas veces a información que tes e insuficiente. Actualmente somos 111 socios e, aínda que somos de recente creación, a nosa iniciativa está a funcionar moi ben. Na nosa asociación, o tipo de cancro que predomina e o de mama. Unha doenza que, en menor medida, pero tamén afecta a homes.

Que actividades realizades dende “Chantada contra o cancro”?

Pois dende charlas sobre cuidados paliativos, coloquios como o que realizamos en abril sobre “Acompañamento ao final da vida” onde tratamos o tema da morte e do que non ten solución, da importancia de pedir axuda e tamén realizamos rutas solidarias contra o cancro. O ano pasado foi a primeira que organizamos e apuntáronse 700 persoas. Este ano, celebramos a II Ruta Solidaria.

ii ruta solidaria

O 17 de xuño celébrase a II Ruta Solidaria. O prazo para inscribirse é de 5 euros e a data límite para facelo é o día 14 no CCNorte de Chantada e no Capitol Café.

Este ano haberá dúas rutas solidarias; unha de dificultade baixa de 5 quilómetros que discorre pola ribeira e outra de dificultade media-baixa de 11 quilómetros que percorrerá ribeira e soutos sen asfalto. Ademais, os menores que non queiran facer a camiñata, na Adega Condado de Sequeiras contarán cunha persoa que quede con eles para realizar xogos.

Para todos aqueles que precisen máis información poden chamar ó teléfono 683.27.71.35, na dirección de correo electrónico chantadacontraocancroasoc@gmail.com, no local Campo da Feira Vello de Chantada dentro da “Asociación Albores Chantada” e na conta de facebook #ChantadaContraoCancro.

Cartel da II Ruta Solidaria/Chantada contra o Cancro

 

 

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....