IniciosociedadeMonforte celebra a romaría do San Mateo con punto violeta

Monforte celebra a romaría do San Mateo con punto violeta

Como cada 21 de setembro Monforte celebra nos campos da Parte a romaría do San Mateo. Como xa se fixera nas festas de agosto, esta cita contará con punto violeta no que previr e atender a posibles vítimas de agresión sexista. A campaña terá tamén unha ampla presenza en redes sociais baixo o hashtag  #SexoconSenso.

Publicado o

- Advertisement -

No Punto Violeta tamén se incluirán carteleiras con varios consellos para previr a violencia sexual, así como material diversos de sensibilización (pañoletas, dípticos etc.) que se lle proporcionarán a todas aquelas persoas que visiten o Punto Violeta no San Mateo. Con esta campaña, apélase ó xogo de palabras “SEXOconSENSO” tanto como sinónimo de prudencia como de contar co consentimento expreso a hora de manter relacións.

Esta medida está recollida dentro do III Plan de Igualdade do Concello de Monforte como unha acción específica e que xurde tras un traballo de campo no que se detectou a necesidade de dar cobertura a este tipo de cuestións comezando ca elaboración dunha Guía para prever a violencia sexual.

Os días de festa, diversión, son días de alegría e emocións pero tamén son días que se levan ao extremo e quedan máis visibles ca nunca algunhas actitudes machistas que debemos eliminar da nosa sociedade.

O Punto Violeta estará nunha carpa personalizada, atendido por persoal especializado da Cruz Vermella e contempla uns obxectivos moi precisos en canto a violencia sexista:

  • Concienciar e sensibilizar sobre o problema social e comunitaria que supoñen as agresións sexistas, dando información e asesoramento á poboación en xeral.
  • Ofrecer un espazo seguro de atención e intervención fronte a posibles agresións sexistas, centrándonos no interese superior da vítima.
Punto violeta / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...