IniciosociedadeO IES de Quiroga acolle unha charla e unha exposición sobre saúde...

O IES de Quiroga acolle unha charla e unha exposición sobre saúde mental

Unha psicóloga e unha terapeuta da asociación Albores ofrecerán unha charla informativa sobre saúde mental e a II Exposicion Fotoxénica-Mente permanecerá no centro ata principios do vindeiro mes.

Publicado o

- Advertisement -

A sesión divulgativa terá lugar o 26 de setembro ás 10:50 horas e vai dirixida a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO do IES de Quiroga.

A psicóloga Alba Revaldería, e a terapeuta ocupacional Tania Sobrado Ouro, traballadoras da asociación Albores Saúde Mental, achegaranse ao instituto coa finalidade de explicar nocións básicas de saúde mental ao alumnado. O obxectivo desta xornada é axudarlles a tomar conciencia da importancia de coidarse, detectar os síntomas máis habituais das enfermidades e saber que pedir axuda é tan importante neste tipo de enfermidades coma nas restantes.

Ademais desta charla, a entidade deixará durante uns días no IES de Quiroga a II Exposición Fotoxénica-Mente. As dúas accións forman parte das actividades que organiza Albores partindo de que o pasado Día Mundial da Saúde Mental fora dedicado á xente nova, motivo polo cal a campaña de información e prevención actual céntrase na sensibilización da mocidade.

Albores Saúde Mental é a asociación de referencia da zona sur de Lugo na promoción da saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como na preocupación pola mellora da calidade de vida dos doentes, das súas familias e a da comunidade. Para achegarse a esa fin esta entidade sen ánimo de lucro realiza actividades de prevención, tratamento e rehabilitación no eido da saúde mental.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...