A vendima na Ribeira Sacra supera por primeira vez os 7 millóns de quilos

É "a maior vendima da súa historia".

Vendima no Miño / D.O. Ribeira Sacra

O consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra informou de que está “a punto de finalizar a maior vendima da súa historia“, ao superar por primeira vez o sete millóns de quilos de uva.

Con data 8 de outubro, as adegas inscritas na denominación de orixe Ribeira Sacra habían recoller 7.020.058 quilos de uva, un rexistro superior á que até agora era a mellor vendima da súa historia, a cultivada en 2011, cando entraron nos almacéns 6.999.560 quilos.

Das 96 adegas que están a realizar a vendima nesta campaña ao amparo da denominación Ribeira Sacra, 19 están aínda realizando a recollida do froito, 73 xa finalizaron os traballos e 4 téñena paralizada.

En canto ás variedades, a preferente mencía acapara o maior volume, con 5.845.403 quilos, mentres que en uva branca é a godello a de maior presenza, con 406.656 quilos recolleitos. EFE

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here