IniciosociedadeMulleres mudando o rural en Monforte

Mulleres mudando o rural en Monforte

A Concellería de Igualdade do Concello de Monforte, a través do Centro de Información a Muller (CIM), organiza un ano máis diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Rural, que se celebra o 15 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

Con motivo da celebración do Día da Muller Rural, o Concello de Monforte desenvolve un Programa de empoderamento e mellora da empregabilidade dirixido a mulleres denominado “Mulleres mudando o RuralEste programa ten por finalidade aumentar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural, a través da mellora da súa capacitación profesional orientada ás posibilidades de emprego.

A actividade está impartíndose pola Asociación Sustinea de Ourense que traballa o desenvolvemento sostible co obxectivo de de alcanzar dun xeito integral o empoderamento da muller como un aspecto transversal á evolución en si mesma e á dinamización do rural

O Programa, do que xa se realizoron dúas sesións conta con de 20 horas de duración. As próximas citas no Centro Cívico e Social serán:

  •  Xoves 17 de outubro: Obradoiro de Apoderamento: Orientación sociolaboral, recursos e entrevistas II.
  •  Xoves 21 de novembro: Obradoiro de Ferramentas para a vida: Recursos sociais, xurídicos e dixitais.
  •  Mércores 4 de decembro: Obradoiro “Mulleres Natura” : A figura da muller na emerxencia climática e no desenvolvemento rural.

As mulleres que aínda estean interesadas en participar na actividade poden inscribirse no Centro de Información á Muller sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número 982 416 350.

ÚLTIMAS

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...