IniciosociedadeMellora da sinalización turística de Monforte

Mellora da sinalización turística de Monforte

Renovación de mástiles direccionais e planímetros nos principais puntos da cidade.

Publicado o

- Advertisement -

Colócanse novos  mástiles direccionais para mellorar as indicacións cara a Oficina de Turismo, a Casa da Cultura, a Casa do Concello ou a Ponte Medieval. Os 3 mástiles estarán ubicados na entrada do Parque dos Condes, no inicio da rúa Cardenal (entrada por Avenida de Galicia), e na praza Doutor Goyanes.

Tamén se instalan 4 novos planímetros cun formato de deseño máis actual, por un lado, o visitante poderá consultar un plano da cidade con indicacións de interese, e pola outra cara, inclúese o planímetro do centro histórico-artístico, no que se resalta en especial o patrimonio de Monforte, acompañado de fotos e textos explicativos. Os planímetros sitúanse na entrada do Parque dos Condes, no inicio da rúa Cardenal, na praza de España e na praza Luis de Góngora.

Os monumentos-histórico artísticos que se potencian nestes paneis son o Casco Histórico, o Centro do Viño da Ribeira Sacra, o colexio de Nosa Señora da Antiga e a Pinacoteca dos Escolapios, o Burgo Medieval, o Complexo de San Vicente do Pino (Mosteiro Beneditino de San Vicente do Pino, Pazo Condal e Torre da Homenaxe) e Parador de Monforte, o Convento de Santa Clara e o Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas, a Igrexa de Santa María da Régoa, a Muralla Medieval (Cárcere Vella, Porta da Alcazaba e Porta Nova) e Xudería, o Museo do Ferrocarril de Galicia, a Ponte Medieval e a Praza de Abastos.

Dende o Equipo de Goberno do Concello, considérase que a “sinalización turística urbana é un servizo esencial para as cidades, tanto para os seus habitantes como para os visitantes, que contribúe en gran medida á imaxe da propia cidade que se forma á poboación, polo que debe terse en conta tanto a calidade como a estética das sinais”.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...