UUAA pídelle á Xunta cazadores profesionais para reducir a poboación de xabarís

O responsable de gandaría de Unións Agrarias, Javier Iglesias, e o encargado de Desenvolvemento Rural deste sindicato na comarca do Deza, Avelino López, informaron que na actualidade a poboación de xabarís en Galicia ascende a case 200.000 exemplares.

Xabaril | Fonte: Xunta.

Unións Agrarias presentou unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia para reclamar que a Xunta aborde o problema do exceso destes animais e na que propoñen a contratación de cazadores profesionais que se dediquen ao control, como xa se probou con éxito en Francia ou en Bélxica.

Segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recollidos por Unións Agrarias, o xabaril provoca cinco accidentes diarios nas estradas galegas. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here