IniciosociedadeO viño D.O. de España adhírese a apoiar a candidatura da Ribeira...

O viño D.O. de España adhírese a apoiar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A XXIV Asemblea Xeral de CECRV, Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas, que se celebrou na Ribeira Sacra, reuniu ao 98% da representación do viño con D.O. en España; e serviu para que o sector do viño de calidade se adherise ao repaldo da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

- Advertisement -

Na Asemblea da CECRV elixiuse nova directiva, seguindo na presidencia David Palacios da D.O. Navarra. A D.O. Ribeira Sacra tamén mantén a vicepresidencia terceira que xa viña exercendo. A Asemblea tamén serviu para proporcionar ás DDOO información actualizada sobre os principais asuntos que compoñen a axenda do sector, tanto a nivel nacional, como a nivel da UE e internacional.

A Asemblea constatou a unión do sector do viño en España, coincidindo no papel que xoga o viño como dinamizador económico, fixador de poboación e de mantemento do territorio no que desenvolven a súa actividade.

O Presidente, David Palacios, asegura que as Asembleas de CECRV sacan o mellor das Denominacións en que se celebran e referíase á experiencia na D.O. Ribeira Sacra, “A D.O. Ribeira Sacra sabiamos que non ía ser unha máis, que ía ser diferente. Contaxiástesnos coas vosas mencías, bruxas, a a vosa paisaxe. Trouxéstesnos no outono, unha época máxica para que aínda brille máis esta magnífica rexión.”

David Palacios agradecía a asistencia á Asemblea, a máis numerosa das que celebrou CECRV, “As nosas asembleas serven para poñer en valor o viño de calidade do noso país. Que mellor colofón para a vendima que vir á Ribeira Sacra a gozar traballando? O traballo ben feito dá os seus froitos e como esta terra puxo en valor o viñedo para despois ter uns magníficos viños é o que pretendemos os consellos reguladores, fixar o noso produto á nosa terra, á nosa comunidade, á nosa rexión, porque non se entende un viño D.O. sen o lugar no que se cultiva a vide. E no que viticultores e adegueiros danlle alma ao viño e á rexión. Creo que Ribeira Sacra é un modelo para seguir e un modelo de éxito.”

Asemblea CECRV / D.O. Ribeira Sacra

A Asemblea abríaa o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e clausuraba o Conselleiro de Medio Rural, José González, xunto coa deputada, María Pilar García Porto e a tte. alcalde de Monforte, Gloria Prada. Todas as autoridades encomiaron o traballo da D.O. Ribeira Sacra no sector do viño e como dinamizadora dun territorio que aspira a ser Patrimonio da Humanidade.

Despois de que os membros de CECRV tivesen a posibilidade de gozar dos principais recursos deste territorio, na mañá deste sábado, 26 de outubro, o Presidente de CECRV asinaba co Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a adhesión da CECRV á candidatura de Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.  

Román Rodríguez destacaba a beleza e historia deste territorio que combina viño, paisaxe, riqueza patrimonial de altísimo nivel. “Aquí vese o esforzo humano que hai detrás e o resultado despois de séculos de traballo é este territorio. A candidatura de Patrimonio da Humanidade vai supoñer un antes e un despois para Galicia e Ribeira Sacra. Esta Denominación pode ser a primeira zona española con D.O. declarada Patrimonio da Humanidade. A marca Patrimonio da Humanidade converte a todo o que toca nunha experiencia de grandísimo valor e todos estamos implicados neste proceso.”

Pola súa banda o Presidente de CECRV, David Palacios, aseguraba estar orgulloso de achegar este graniño de uva para este proxecto, “que vai supoñer un antes e un despois na cultura, o turismo e o patrimonio en España. O viño é embaixador deste país con todo o que achega. Estas Asembleas permítennos coñecer in situ a idiosincrasia de cada unha das nosas Denominacións e Ribeira Sacra namorounos. Espero que poidamos brindar desde as nosas Denominacións por esta declaración que nos axudará a todos. Ameazamos con volver á Ribeira Sacra”.

Firma adhesión CECRV / D.O. Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...