IniciosociedadeAprendendo inglés nos Peares

Aprendendo inglés nos Peares

21 alumnos de 1º ESO do IES A Pinguela comezan unha semana no Centro de inmersión lingüística dos Peares

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Educación valorou a solicitude de participación na “English Week 2019” que presentara o departamento de Inglés para ese nivel educativo polo que poderán compartir actividades ata o 2 de novembro cos alumnos doutros 4 centros admitidos: IES Lama das Quendas de Chantada, IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela, IES Xesús Ferro Couselo de Ourense e IES Praia Barraña de Boiro.

O Centro de inmersión lingüística dos Peares é o primeiro complexo creado en Galicia con esas características. Está ubicado no antigo poboado dos traballadores do embalse dos Peares, e conta con profesores profesionais nativos cos que poden adquirir os coñecementos da lingua inglesa dun modo natural e lúdico coas ferramentas da conversación, as actividades de lecer e a convivencia.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...