Sarria, cita co itinerario gastronómico do Camiño Fancés

Sarria acolle o 2 de novembro as III Xornadas de exaltación de produtos gastronómicos dos concellos da Mancomunidade do Camiño Francés.

Sarria / Xornal de Lemos

A cita ten por obxectivo promover e poñer en valor os produtos gastronómicos locais dos Concellos que pertencen á Mancomunidade: O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino.

Estas III Xornadas do itinerario gastronómico do Camiño Fancés terán lugar na Praza de Abastos de Sarria, o día 2 de novembro. A partir das 11:00h haberá degustación  de café e doces tradicionais. Ás 13:00h contarase con degustación de embutidos, empanada e queixos.

A actividade organizada pola Mancomunidade coa colaboración da Xunta de Galicia, forma parte do plan Xacobeo 2021.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here