Inscricións ata o 15 de novembro para o programa Xuntos no Nadal

Xuntos no Nadal destínase ás persoas maiores que se atopen soas nas datas de Nadal, para pasar unha estancia de 16 días, do 23 de decembro ó 7 de xaneiro, en rexime de pensión completa. Os interesados en participar deben de acudir a servizos sociais antes do 15 de novembro

Centro Cívico / Concello de Monforte

A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo. Pasarán estes días no Complexo Residencial Xuvenil Lug II(Lugo),

Para poder participar é necesario ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, estar empadroado nalgún concello galego, vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal e valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.

As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here