Iniciosociedade4 novas áreas de lecer en Sober

4 novas áreas de lecer en Sober

As novas áreas están emprazadas na Vacariza e A Venda -en Neiras-, en Casaniño -Santa Cruz de Brosmos- e en Santiorxo.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober conta este outono con catro novas áreas de lecer para nenos e maiores construídas todas elas nas parroquias da localidade. As catro están dotadas de xogos infantís e equipamento para actividades biosaudables.

As novas instalacións están emprazadas no núcleos da Vacariza e A Venda -na parroquia de Neiras-, en Casaniño -en Santa Cruz de Brosmos- e en Santiorxo, ao lado do campo da festa.

Estas catro últimas instalacións supoñen un investimento total de 40.000 euros. O financiamento corre a cargo do Concello e do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel, nun 50%. Estas catro áreas súmanse a dúas máis abertas recentemente en Matamá e no Barrio de Figueiroá.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...