IniciosociedadeO piloto, Eduardo Iglesias, embaixador da marca turística Lugo Cambia no Rally...

O piloto, Eduardo Iglesias, embaixador da marca turística Lugo Cambia no Rally Dakar 2020

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da tenente de alcalde de Monforte, Gloria Mª Prado, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ao piloto de motos monfortino, Eduardo Iglesias.

Publicado o

- Advertisement -

O deportista, Eduardo Iglesias, portará a imaxe da marca turística Lugo Cambia, creada pola institución provincial, na próxima edición do Rally Dakar, que se celebrará en xaneiro do 2020 en Arabia Saudita.

Durante a presentación desta colaboración da Deputación co piloto, por importe de 10.000€, Tomé Roca destacou a gran visibilidade que lle dá a provincia a participación de Iglesias nesta cita deportiva de proxección internacional, con mil millóns de espectadores potenciais a través da súa retransmisión nunhas 70 canles de televisión que se emiten en 190 países de todo o mundo. “Eduardo Iglesias será embaixador de Lugo Cambia, o que significa que temos por diante unha oportunidade excepcional, pois a nosa imaxe estará no foco de todos os competidores, dos equipos, dos afeccionados e dos medios de comunicación chegados de todas as partes do mundo”, sinalou o Presidente. Engadiu, ademais, que “el é o primeiro galego que nos represente no Rally Dakar na modalidade de motos, un feito que é un orgullo para toda a cidadanía”.

Nas palabras que lle dedicou, o Presidente da Deputación recalcou a importancia promocional e turística de apoiar ao piloto monfortino nun evento de proxección e recoñecido prestixio internacional coma este.

Eduardo Iglesias destacou a relevancia que ten para el que a Deputación de Lugo apoie a súa participación no campionato. “Sen apoios así non poderíamos estar en Arabia Saudita competindo, así que tentaremos volver cunha medalla desta competición que para min é un soño feito realidade”, asegurou.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...