Ribeira Sacra camiño da súa integración nos Itinerarios Culturais Europeos

Xornadas Románico / Deputación Provincial

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anuncia durante o acto de inauguración das xornadas A Importancia do románico no Camiño de Inverno organizadas pola  Fundación Juana de Vega no Parador de Monforte, que o organismo provincial liderará e impulsará a integración do románico da Ribeira Sacra na rede de Itinerarios Culturais Europeos, iniciativa do Consello de Europa para crear un vínculo entre a cidadanía e o patrimonio.

O Presidente destacou que unha das liñas de actuación fundamentais dos Orzamentos que se están a elaborar para o ano 2020 “é precisamente a promoción dos nosos recursos patrimoniais, nomeadamente o Camiño de Santiago, pero tamén todos os atractivos naturais, históricos e culturais cos que conta a nosa provincia” e lembrou que “na Ribeira Sacra temos unha das maiores concentracións de románico de Europa, o que supón unha enorme riqueza cultural”.

Tomé sinala tamén que a Deputación de Lugo traballará para que a provincia teña un papel central de cara ao Xacobeo 2021 e poida aproveitar o enorme potencial que representa o turismo vinculado ao Camiño. Tamén lembrou que o ente provincial traballa para culminar a aspiración de que a Ribeira Sacra sexa Reserva da Biosfera e Patrimonio da Humanidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here