IniciosociedadeCoordinación para acabar coa praga de ratas na montaña lucense

Coordinación para acabar coa praga de ratas na montaña lucense

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, desprazouse este luns, 18 8de novembro, ata o concello de Triacastela para manter unha xuntanza informativa cos gandeiros e agricultores da montaña de Lugo onde se constatou a presenza da rata-topo (Arvícola Terrestris). 

Publicado o

- Advertisement -

O director xeral coñeceu as inquedanzas dos agricultores e gandeiros da zona en relación con esta especie, presente nos predios de concellos como Pedrafita, Triacastela, Cervantes, As Nogais, O Courel e Samos.

Por este motivo, trasladou unha mensaxe de tranquilidade e avanzou que a Xunta está estudando cos técnicos todas as posibilidades que hai para facerlle fronte a este animal e farao en coordinación co sector. Así, unha das posibles medidas pasaría por desfacer as galerías e os túneles que constrúen estes roedores e que son os principais causantes dos problemas nos cultivos, ao levantar e comer as súas raíces.

Técnicos da Xunta desprazáronse a semana pasada ata a zona para comprobar a superficie afectada por este roedor. Así, José Balseiros indicou que dita área podería abarcar unhas 1.500 hectáreas. O director xeral asegurou que toda medida que leve a cabo a Xunta, na zona será de forma coordinada cos afectados.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...