IniciosociedadePlan de dinamización turística para o xeoparque Montañas do Courel

Plan de dinamización turística para o xeoparque Montañas do Courel

A Xunta promove a elaboración dun Plan de dinamización turística dos concellos que conforman o xeoparque mundial da Unesco, Montañas do Courel. Farase mediante o convenio de colaboración asinado entre as Consellerías do Medio Rural e de Cultura e Turismo, dotado cun orzamento de case 30.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O anuncio deste plan facíase a última hora deste mércores, 20 de novembro, en Quiroga por parte do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a presentación oficial deste plan. Estes departamentos serán os encargados de levar a cabo esta iniciativa, que será elaborada polo Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (Cetur) da Universidade de Santiago de Compostela.

Neste senso, o Plan pretende consolidar o xeoparque Montañas do Courel como elemento vertebrador, visibilizador e potenciador de iniciativas turísticas e de desenvolvemento local. O obxectivo final é atraer investimentos e diversificar a actividade económica en torno ao medio rural, compaxinando a oferta do patrimonio xeolóxico xunto con outros aspectos culturais.

A directora da Axencia Turismo de Galicia destacou a fortaleza deste destino cun “innegable atractivo para os viaxeiros que chegan a Galicia, para os que a natureza é o primeiro motivo de elixir o noso destino”, indicou. Nava Castro salientou ademais o impulso que porá supor contar cunha ferramenta como esta para un destino como este, situado en Lugo, que está a ser a provincia galega que está a medrar de xeito máis intenso, a un ritmo do 12%.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...