Camiñando da man contra a violencia machista

O Concello de Quiroga, a través do CIM, Centro de Información á Muller, presenta este domingo, 24 de novembro a partir das 18.00 h. na casa da cultura de Quiroga, a curta documental "Camiñando da man... contra a violencia machista"; actividade encadrada na programación do 25N.

Camiñando da man contra violencia machista / Némesis Audiovisual

“CAMIÑANDO DA MAN… contra a Violencia machista” é unha curta documental protagonizada por persoas de distintos ámbitos da sociedade de Quiroga, incluíndo alumnado do Centro de Educación Infantil e Primaria e do Instituto de ensinanza secundaria da vila. A súa finalidade é mostrar a repulsa contra a violencia machista, así como o apoio ás vítimas.

Trátase dun traballo de sensibilización social de algo menos de media hora de duración, realizado pola produtora Némesis Audiovisual. coa subvención da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en desenvolvemento do pacto de Estado Contra á Violencia de Xénero. O acto de presentación e estreno da proxección é aberto ao público e convídase a participar a todas persoas interesadas.

A programación de actividades do CIM de Quiroga para o 25N complétase coa exposición fotgráfica “JE NE BAISE PLUS”, obra de Iván Alvarez Merayo e Eva F. Ferreira; que se pode ver ata o 29 de novembro na sala de exposicións Manuel María da casa da Cultura de Quiroga.

Xa para o día 25 farase unha concentración silenciosa de repulsa á violencia de xénero. Será ás 12.00 h. diante do concello e convócase a todos os veciños e veciñas da localidade para mostrar o rexeitamento á violencia machista e o apoio ás vítimas da mesma.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here