IniciosociedadeFEMforte no 25N

FEMforte no 25N

A asociación feminista FEMforte organiza unha ampla programación para celebrar o 25N, Día contra a violencia machista.

Publicado o

FEMforte comezará ás 20.00 na casa consitorial de Monforte, participando na sesión plenaria deste luns. Femforte levará ao Pleno a proposta de medidas, recollidas da cidadanía, para contribuir á consecución da igualdade real das mulleres da contorna e á elilminación da violencia machista.
Media hora despois na Praza de España terá lugar unha concentración reivincicativa e homenaxe ás mulleres asasinadas. Realizarase un acto participativo no que distintas artistas coñecidas e anónimas da zona homenaxearán ás vítimas e farán a unha aportación á loita contra a violencia machista e pola igualdade a través da súa arte.
Orde de intervencións:
  • Abren o acto os tambores das Tamborileiras de Lemos
  • Cantarase a versión feminista de Bella Ciao entre todas e todos
  • Lectura do manifesto a cargo de Femforte
  • Micro aberto para persoas espontáneas que queiran, ler, cantar ou intervir da forma que consideren
  • Recital poético con Mónica Sánchez Rodríguez, Noa Moreira e Xacia.
  • Peche do acto coa interpretación de ” La puerta violeta” (Rozalén) por Laura Fernández.
Ata o 20 de decembro, FEMforte conta na Sala Creativa coa “Exposición Artes Sanas”, que estará aberta ao público de luns a venres en horario de 11:30-13:30 e de 16:30-20:30. Esta exposición ten como finalidade por en valor a aportación da muller ás artes, tanto tempo invisibilizada por ser considerada unha actividade complexa e, como tal, que só os homes podían realizar con excelencia. A día de hoxe todavía hai dificultades para que se recoñeza a valía das mulleres nesta disciplina.
Para finalizar novembro invitan a todas as persoas interesadas a participar no Clube de Lectura Feminista para achegarse ao feminismo con lecturas sinxelas e amenas. Os libros seleccionados para este evento son “Os testamentos” de Margaret Atwood e “Todos teriamos que ser feministas” de Chimamanda Ngozie Adichie. O día 29 de novembro poranse en común os pareceres de quen lese algún deles ás 20:00 da tarde na Librería Agrasar. Colabora “Cb A Librélula”.
FEMforte manifesta o seu apoio a todos os actos que se levarán a cabo nesta xornada e os que se fan todos os días do ano, para erradicar as violencias machistas, ao considera que ningún esforzo é en balde, que todos son importantes e suman. Neste senso lembran que Femforte naceu coa fin de promover o xurdimento dunha sociedade non patriarcal, na que a igualdade de oportunidades sexa real e efectiva, tanto no ámbito público coma privado, e non exista discriminación nin violencia por cuestión de sexo e/ou xénero das persoas que a conforman. 

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...