IniciosociedadeCCOO demanda xestión pública para o novo centro do Infanta Elena de...

CCOO demanda xestión pública para o novo centro do Infanta Elena de Monforte

Comisións Obreiras (CCOO) lamenta o anuncio da Consellería de Política Social de que o centro de atención de xoves discapacitados intelectuais que se ubicará, nunha ala rehabilitada da Escola de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos salga a concurso por 350.000 euros para ser xestionado por unha empresa privada.

Publicado o

- Advertisement -

O centro a executar na Escola de Capacitación Agraria de Monforte será de continuación para os alumnos do centro de Educación Infanta Elena que ao cumprir a idade de 21 anos abandonan o centro contando con 15 prazas de atención diúrna terapéutica e outras 10 de atención ocupacional.

O novo centro, situado as aforas de Monforte na estrada de Castro Caldelas é un centro público xestionado pola Consellería de Medio Rural e nel están as dependencias do Distrito Forestal VIII- Terra de Lemos do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais, a Oficina Agraria e o Centro Público de Formación e Experimentación Agraria, organismos públicos que agora terán que compartir espazo cun centro de xestión privada.

Sinala o sindicato que traballadoras de categorías profesionais como Educadoras, auxiliares de clínica, camareiras limpadoras, ordenanzas etc. que na actualidade están prestando servizos en centros da provincia como o Centro de Atención a Persoas Diminuídas (CAPD) de Sarria, As Gándaras ou a Milagrosa en Lugo poderían acercarse por razóns de conciliación si o centro fose público e deste xeito e anuncian que ao ser de xestión privada non poderán facelo.

Comisións Obreiras tamén denuncia que unha das portas de entrada e saída do centro no que estudarán persoas cunha discapacidade intelectual dea xusto ao garaxe do Distrito Forestal no que hai un gran movemento de vehículos de emerxencia usados para a prevención e extinción de incendios forestais, como son tódalas motobombas e todo terreos pick-up que hai na demarcación forestal de Monforte, cos riscos engadidos que isto orixina.

ÚLTIMAS

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...