O CCU de Monforte renova directiva

Despois de sete anos como presidenta do Centro Comercial Urbano de Monforte, este 27 de novembro María José Senra deixa o seu cargo ao fronte da asociación de comerciantes a Juan Carlos González, propietario en Monforte das tendas Lambetadas e Party Globos.

Nova directiva CCU / CCU

Ao proceso electoral, aberto o pasado 12 de novembro, só concorreu unha candidatura, a encabezada por Juan Carlos González. Ao ser proclamada como a única lista admitida, supón a súa elección automática sen necesidade de votación como marcan os estatutos da asociación.

Dita candidatura quedará ratificada con data 27 de novembro de 2019 na Asemblea Xeral Extraordinaria Electoral e pasará a ser oficialmente a nova Xunta Directiva do Centro Comercial Urbano de Monforte.

Ademais do novo presidente, Juan Carlos González, de Lambetadas e Party Globos; outros sete comerciantes formarán parte do novo órgano directivo da asociación: Áurea González Pérez (Santiveri) como vicepresidenta, Diego Rivera García (Kukin Calzado Infantil) como secretario, Rocío López Sánchez (Bazar Caurel) como tesoureira, e como vocais Melanie de la Fuente González (Miruxa), Elsa Fuertes Álvarez (Akebia), Yoana López Rodríguez (Agro López) e María José Senra Sánchez (Piensos Senra). Continúa como xerente, Ánxel Folgueira.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here