IniciosociedadeComo queremos que sexan as paisaxes de Galicia?

Como queremos que sexan as paisaxes de Galicia?

Por Chantada-CUP presenta melloras ao Anteproxecto de Decreto polo que se aproban as directrices de paisaxe da Galiza.

Publicado o

- Advertisement -

O grupo de traballo de Medio Rural, dependente de Por Chantada CUP presenta propostas de mellora ao anteproxecto de decreto polo que se aproban as directrices da paisaxe en Galicia.

Entre outras cuestións Por Chantada busca limitar os privilexios das transnacionais fronte á cidadanía e acadar unha ordenación autocentrada do territorio, da paisaxe e dos seus usos, coa compatibilidade coa fixación de poboación e coa necesaria transición ecolóxica.

Na ribeiras encaixadas do Miño e do Sil propoñen ampliar as do Bibei, na xestión dos viñedos respeitando os valores naturais, estéticos, produtivos e patrimoniais asociados a este tipo de paisaxe co fin de darlle continuidade á tradición histórica de cada unha das áreas vitivinícolas exixe unha mudanza do paradigma crecente de desigualdade e acaparamento de terras. No conxunto da Ribeira Sacra e da Reserva de Biosfera Ribeira Sacra deben suprimirse as plantacións actuais de especies pirófitas como o eucalipto ou a paulonia, ao tempo que se deben limitar severamente as de piñeiro, segundo Por Chantada.

Propoñen engadir, como elementos construídos tradicionais que conforman parte da cultura fluvial presas, muíños e pasares e piden que Xunta estude mecanismos de adaptación dos diferentes plan xerais de ordenación municipal dos concellos.

As medidas e accións propostas para os ámbitos de especial atención paisaxística califícanas de moi insuficientes. Lamentan que nos indicadores de calidade paisaxística non se atope nada relativo á actividade mineira, eólica e enerxéticas en xeral.

Potenciar as devesas, os soutos e, en zonas como Chantada, o cultivo da cereixa cunha IXP específica. Nas grandes áreas paisaxísticas do interior galego os plans de ordenación de recursos forestais deberán incluír, segundo Por Chantada, un estudo da paisaxe e establecer as medidas necesarias para asegurar a integración paisaxística das novas repoboacións forestais. De cara a manter a paisaxe, Por Chantada CUP propón non introducir «outras especies forestais», ao menos nas Ribeiras encaixadas do Miño, do Sil e do Bibei e nas Serras Orientais, Surorientais e ourensás.

Chaman á Xunta a dar exemplo coas infrasestruturas da rede de defesa contra os incendios forestais e debe facelo através dun plano de investimento concreto e plurianual.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez dona ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...