Premio Galicia Turismo á Promoción para a candidatura da Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

Premios Galicia Turismo / Concello de Sober
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, como presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra recollía na tarde deste martes, 3 de decembro, un dos Premios Galicia Turismo nun acto celebrado na Coruña.

Presidente e vicepresidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra recolleron o premio Galicia de Turismo 2019 á Promoción á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.

Os Premios Galicia de Turismo son o máximo recoñecemento que outorga a industria turística a persoas, institucións e entidades polo seu traballo a prol da consolidación de Galicia como destino turístico acolledor, contemporáneo, innovador, de calidade e respectuoso co medio ambiente natural.Os Premios son concedidos cunha periodicidade anual  polo Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia nun esquema de colaboración público – privado integrado na planificación estratéxica do desenvolvemento turístico da Comunidade.

Premios Galicia Turismo / Concello de Sober

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here