IniciosociedadeRibeira Sacra prepárase para a ponte despois dun novembro gris

Ribeira Sacra prepárase para a ponte despois dun novembro gris

A ocupación hoteleira na Ribeira Sacra durante o mes de novembro foi do 53%. Nos hoteis de 3 e 4 estrelas chegou ao 68,5%, mentres que en Turismo Rural e outros no chegou ao 50%.

Publicado o

- Advertisement -

Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra consideran que os datos veñen a confirmar como as condicións meteorolóxicas inflúen de xeito decisivo nos resultados de ocupación, especialmente en meses como outubro e novembro nos que o perfil de consumo se basea en escapadas de fin de semana.

“Os potenciais clientes van a decidir facer esa escapada ou pospoñela en función das previsións que haxa para o tempo. O pasado ano, houbo días de acadar temperaturas de 30º no mes de novembro e, desta volta, as alertas amarelas da AEMET foron as protagonistas de case todas as fins de semana; de feito, varias das actividades de exterior do programa de outono tiveron que ser canceladas por esos avisos,” asegura a xerente do Consorcio, Alexandra Seara.

San Pedro de Rocas / Consorcio de Turismo

Así canceláronse actividades de Baños de Bosque, Danzando o Outono, Ollando o ceo do Canón ou a do Camiño de Inverno que combinaba sendeirismo con kaiak.

A actividade do Oleobus foi a máis demandada de todas, tendo que duplicar as prazas nas dúas fins de semana programadas e quedando pendentes persoas na listaxe de reserva.

Para a ponte que agora comeza, as previsións de ocupación son do 84%. Nos hoteis de 3 e 4 estrelas chega ao 97 %. O 88% en Turismo Rural e un 68% para o resto de aloxamentos.

Durante o Nadal agárdase unha ocupación do 85%. Nestas datas a oferta redúcese significativamente, pero “cada ano son máis os establecementos que manteñen abertas as súas portas nas datas centrais do Nadal”, asegúran desde o Consorcio de Turismo.

 

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...