IniciosociedadeEncontro de Punkis de aldea este sábado no Buril

Encontro de Punkis de aldea este sábado no Buril

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado, 7 de decembro, celebrarase unha nova edición do Encontro de Punkis na aldea. Comezarase coa a sesión vermú sobre as 14:00 con Emilio Motín e Bitxobola. Despois celebrarase un xantar agropunk a cargo da Pulpeira María Valiña que contara con dous pratos, de primeiro un arroz vegano e de segundo iscos chourizos e raxo, postre e café a un prezo de 20 € . Poderase acceder ao xantar sen pasar polo recinto dos concertos.

Ás 18:30 contarase coa actuación de Indar Galega e Apologia, Migas de Punk e un novo pase de Emilio Motin. Desde terras astures chegará Infección e contarase tamén con O sudor do chimpin, a mellor banda tributo ao Sudor do tractorista.
As entrada aos concertos será de 6 €. A cita é unha iniciativa do Sudor do Tractorista e do Buril, autoxestionada e sen ningún tipo de subvención nin axuda por parte de ningún organismo publico.

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...