IniciosociedadeMellora da cobertura do sinal de TDT para O Incio

Mellora da cobertura do sinal de TDT para O Incio

Para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.

Publicado o

- Advertisement -

Estas actuacións realizaranse o próximo mércores, 11  de decembro, no centro de extensión de cobertura do Incio O Hospital. O proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Ademais, aproveitarase esta actuación para acender neste centro o múltiple RGE2. Deste xeito, os beneficiados poderán desfrutar das canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:

  • Canle 26 (MPE4): Boing, Energy, Mega, 13TV.
  • Canle 28 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.
  • Canle 31 (MUX AUTONOMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD.
  • Canle 32 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.
  • Canle 41 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten.

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -881 866 388- ou na web www.tdtgalicia.gal. A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.

Entidades de poboación que teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT do Incio O Hospital como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:

 

Parroquia Nome entidade
O HOSPITAL (SAN PEDRO FIZ) DONTIDE
O HOSPITAL (SAN PEDRO FIZ) O HOSPITAL
SAN PEDRO DO INCIO (SAN PEDRO) BARREIRO
SAN PEDRO DO INCIO (SAN PEDRO) DOMPIÑOR
SAN PEDRO DO INCIO (SAN PEDRO) LAMAS
SAN PEDRO DO INCIO (SAN PEDRO) PACIOS
SAN PEDRO DO INCIO (SAN PEDRO) PENA
SAN PEDRO DO INCIO (SAN PEDRO) SAN MIGUEL
SAN PEDRO DO INCIO (SAN PEDRO) SAN PEDRO
TRASCASTRO (SANTALLA) A AIRELA
TRASCASTRO (SANTALLA) A FERRERÍA
TRASCASTRO (SANTALLA) TRASCASTRO

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...