Patinaxe e inchables, novidades do Nadal no Saviñao

O Concello do Saviñao ten xa en marcha a programación de actividades de Nadal. As últimas novidades son unha pista de patinaxe e inchables para os nenos de todas idades. Estarán situados en Escairón dende o 21 ao 28 de decembro.

Casa do Concello. Foto: C. O Saviñao

Dende a concellería de Cultura, que dirixe Beatriz Rois, animan a todos os rapaces a que se acheguen nestas datas porque tanto a pista como os inchables “están pensados para que os máis pequenos pasen uns días divertidos. Pensamos que son dúas iniciativas atractivas para os rapaces que, sen lugar a dúbidas, son os que máis viven estas festas. Por iso, quixemos aumentar a oferta lúdica para eles”, apunta a edil.

Para os empadroados no concello, a entrada será de balde, tendo só que recoller previamente unha pulseira na Casa Consistorial. No caso dos usuarios de fóra o prezo será de tan só 3 euros por día, pero poderán facer uso da pista e dos inchables durante o horario establecido.

As dúas actividades estará operativas nas datas sinaladas de 16:30 a 20:30 horas, aínda que os días 22, 24 e 28 tamén abrirán de mañá, en horario de 11:00 a 13:30 horas. O día 24, por ser Noiteboa, pecharán ás 19:00 horas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here