Iniciosociedade600.000 da Deputación para mellorar os accesos ao Pazo de Tor

600.000 da Deputación para mellorar os accesos ao Pazo de Tor

Publicado o

- Advertisement -

No 2009 a Deputación procedeu á mellora do primeiro tramo de acceso ao Pazo de Tor, que é o que enlaza a estrada provincial LU-P-3207 coa da Xunta, a LU-617. Agora reactívase este proxecto e completarase co arranxo da pista, ata chegar ao aulario do Pazo de Tor, adicando ao proxecto 600.000 euros. Dotarase, tanto ao enlace coa LU-617 como a todo o tramo completo de máis 3 quilómetros, do pavimento definitivo a base de mestura asfáltica en quente.

A actuación dentro da Finca consistirá nun novo vial ata o aulario, con novos accesos, unha rotonda para cambiar o sentido da circulación e estacionamentos para coches e autobuses. “Son unhas obras que terán un prazo de execución de 6 meses e está previsto que poidan comezar no verán”, explica o Presidente da Deputación.

Tomé Roca destacou que esta é unha obra importante porque “queremos impulsar e poñer en valor a finca de Tor”. O Pazo “xa é un referente para o noso turismo. É unha peza clave na Rede Museística Provincial que debemos espremer aínda máis, co fin de potenciar o noso patrimonio. Estamos ante un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna”, afirmou.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...