IniciosociedadePolémica entre Julia Otero e Rocío Monasterio con Monforte de Lemos no...

Polémica entre Julia Otero e Rocío Monasterio con Monforte de Lemos no centro

"Esta é unha mensaxe para todos os urbanitas tipo Julia Otero que non se decataron aínda de que o tractor é diésel", comeza a declaración de Rocío Monasterio lanzada contra a xornalista, natural da aldea da Penela.

Publicado o

- Advertisement -

Vox volve protagonizar outra polémica máis, e desta vez, enreda nela á xornalista natural de Monforte, Julia Otero. Na conta de Twitter do partido de extrema dereita, a dirixente de Vox, Rocío Monasterio, publicou un vídeo dirixido á presentadora de Onda Cero coas seguintes palabras: “Ola, Julia Otero, teño unha mensaxe para ti”. 

Nel, Monasterio aparece no campo, diante dun tractor, e acusa a xornalista de “non ter saído da cidade na súa vida”: “Esta é unha mensaxe para todos os urbanitas tipo Julia Otero que non se decataron aínda de que o tractor é diésel e que se atreven a criticar a Vox, e é que non se decatan, porque non saíron das cidades na súa vida e hoxe estamos aquí coa xente do campo. Convido que veñan ver aos gandeiros, aos agricultores, aos que teñen touros, aos cazadores… e que deixen de soltar os seus mantras nos medios de comunicación, ese neomarxismo e esa relixión que nos queren impor e que de verdade estean coa xente que coida o medio ambiente. Iríalles moito mellor”, relata no vídeo de 30 segundos.

Prendida a chama, Julia Otero decidiu non calar perante estas críticas e axiña contestou á dirixente de Vox con outra mensaxe, tamén a través de Twitter. De maneira taxante, afirmou que Monasterio “ten o mesmo coñecemento sobre min que sobre a emerxencia climática”. Julia Otero recordou na súa contestación que naceu nunha aldea de 20 habitantes – en referencia ao lugar da Penela (en Monforte de Lemos) e que é “filla e neta de campesiños galegos, expulsada da miña terra – como tantos emigrantes – polo réxime que vostede venera”. “Descúlpoa, noto que lle fai ilusión ver un tractor de preto”, rematou dicindo.

Non quedou aquí a cousa. Monasterio quixo ter a última palabra e non dubidou en volver respostar a esta nova publicación de Otero. “Menuda empanada. Refirirase aos meus ‘venerados’ castristas?”. Outros tweets que se entrecruzan polo medio enlean aínda máis a polémica ao asegurar que o lugar de nacemento da xornalista ten 20.000 habitantes e non 20 persoas, como ela afirmara por redes. A diferenza entre municipio e aldea semella que non está clara de todo. Se ben é certo que Monforte, no seu conxunto, anda ao redor dos 18.000 habitantes, a aldea concreta na que naceu Julia Otero, A Penela, non supera as 20 persoas, como ben dixera a xornalista.

ÚLTIMAS

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...