IniciosociedadeContinúa en Monforte a conciención cidadá sobre reciclaxe

Continúa en Monforte a conciención cidadá sobre reciclaxe

A campaña conta cun stand informativo, que xa percorreu os principais puntos da cidade do 18 ó 22 de novembro. Dende o luns 16 e ata o venres 20 volverá a informar ós cidadáns sobre a correcta separación e reciclaxe dos residuos domésticos.

Publicado o

- Advertisement -

A campaña ten por obxectivo informar ós veciños e veciñas de Monforte sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que se xeran no fogar. Para elo, dende o Concello levouse de novo a cabo unha campaña publicitaria, coa publicación de anuncios en prensa, cuñas en radio, paneis informativos nos centros educativos da cidade, e pancartas nas principais entradas da cidade.

Do mesmo xeito, volverá a habilitarse un stand informativo, no que un monitor medioambiental informará ós cidadáns sobre o contido da campaña, repartindo para elo trípticos informativos.

Baixo o lemaReciclar é un xogo de nenos, separa os teus residuos”, a campaña incide especialmente no tipo de residuos que se deben depositar en cada un dos colectores específicos que para elo pon o Concello a disposición dos cidadáns:

  • Contedor azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… E nel non se pode depositar nada que non sexa de papel ou cartón, por exemplo, bolsas de plástico, briks, envases, etc.
  • Contedor amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. Neste colector non se poden depositar residuos tales como CD’s, roupa, bombillas, residuos orgánicos ou produtos contaminantes.
  • Contedor verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Non admite todo aquelo que non sexa vidro: tapóns e tapas dos tarros, cristais de espellos, ventás…

O stand informativo ubicarase en distintas zonas da cidade de Monforte co obxectivo de chegar ó máximo número de cidadáns posibles. Todos os cidadáns que desexen recibir información no mesmo poderano facer do 16 ó 20 de decembro, en horario de 9 a 14 horas.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...