IniciosociedadeO Camiño Francés a Santiago reivindícase en Sarria

O Camiño Francés a Santiago reivindícase en Sarria

Sarria acolleu este luns a X Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago coa presenza de 13 alcaldes. Asistiron os municipios de Logroño, Pamplona, Castiello de Jaca, Villafranca del Bierzo, Artieda, Sangüesa, Nájera, Belorado, Frómista, San Andrés de Rabanedo, Triacastela e Castrojeriz, ademais do municipio lucense anfitrión.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, que integra a 100 localidades, celebrou a súa X Xunta Directiva este luns, na Casa do Concello do municipio lucense de Sarria. O alcalde anfitrión, Claudio Melquíades, é actualmente o secretario da Asociación e abriu a xornada salientando o papel do municipio con gran tradición xacobea e berce de Elías Valiña Samperdro, párroco do Cebreiro considerado o gran impulsor do auxe das actuais peregrinacións a Santiago de Compostela. A reunión foi a primeira da recentemente estreada nova Xunta Directiva da AMCS que decidirá o rumbo da Asociación ata o ano 2021.

Tras a presentación dos membros da nova xunta directiva, deuse conta do informe das accións desenvoltas no cuarto trimestre de 2019 e fíxose avance do plan de traballo de 2020. Os trece municipios sumarán esforzos para fortalecer, protexer e reivindicar o papel do Camiño de Santiago Francés dentro dos Roteiros Xacobeos a Santiago como o “O Camiño máis representativo da antigüidade, Patrimonio da Humanidade, 1º Itinerario Europeo e o único declarado Ben de Interese de Cultural”.

X Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago / RA

Os socios directivos tamén apoiaron a instancia do Concello de Sarria para defender a reconstrución e rehabilitación da ‘Ponte Ribeira’, ponte do municipio que se derrubou hai cinco anos e que databa de 1.252 como elemento funcional do Camiño de Santiago e Patrimonio Cultural de Galicia vinculado ao Roteiro por Sarria. Será obxecto de próximas decisións instar a Patrimonio e á Confederación Hidrográfica do Miño Sil á autorización inmediata para a instalación dunha pasarela provisional e, posteriormente, á redacción de proxectos para a reconstrución, rehabilitación e posta en valor da antiga ‘Ponte Ribeira’ tal e como orixinariamente foi concibida como paso de peregrinos.

ÚLTIMAS

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...