IniciosociedadeLucía Pérez volve á casa polo Nadal

Lucía Pérez volve á casa polo Nadal

O Concello do Incio organiza para este sábado 21 de decembro un 'Concerto de Nadal' da artista local ás 19:00 horas nun lugar máxico, a igrexa do Hospital no Incio.

Publicado o

- Advertisement -

Será a primeira vez que actúe nesta xoia do Románico, un lugar emblemático para O Incio e, a ben seguro, emocionante e inspirador para Lucía.

Con esta proposta, tanto o Goberno local como a artista, intentan poñer en valor os recursos patrimoniais, dándolle vida a espazos únicos coma este para outros usos culturais.

Lucía Pérez na igrexa de Hospital do Incio. Foto: L. P.

Dende o concello convidan a asistir “a un concerto exclusivo que, a bo seguro, fará as delicias do público”. A entrada é de balde e o aforo limitado.

 

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...