IniciosociedadeClausura do 'programa Activa', en Monforte, e citas musicais para a fin...

Clausura do ‘programa Activa’, en Monforte, e citas musicais para a fin de semana

Monforte clausura as actividades de servizos sociais do programa Activa. Este sábado, 21 de decembro, o concello celebra o concerto de corais de Nadal e Sober tamén prepara cita coa música.

Publicado o

- Advertisement -

Un total de 445 persoas participaron nas actividades de Servizos Sociais postas en marcha polo Concello dende o pasado mes de setembro a través do Programa ACTIVA. É unha cifra moi similar á da  edición de 2018 e 105 veciños e veciñas máis que no ano 2017.

O Concello decidiu ampliar este ano as prazas das actividades debido á alta demanda que se rexistrou tanto en 2017 coma en 2018. Das máis de 445 persoas que participaron nas actividades deste segundo trimestre do ano, 315 asistiron a actividades no Centro Cívico, cubrindo todas as prazas ofertadas, e o resto, 130 persoas, asistiron ás clases impartidas nas parroquias.

Polo que respecta ás actividades desenvoltas no Centro Cívico, houbo unha lista de espera ampla nos obradoiros de conservando a memoria, inglés e manexo de móbiles e redes sociais polo que se decidiu abrir tres grupos novos cun total de 37 plazas máis.

Por outra banda, un total de 13 parroquias solicitaron participar nas actividades. A máis demandada foi ximnasia de mantemento cun total de 9 parroquias, seguido de manualidades (2), baile (1) e conservando a memoria (1).

A xornada de clausura comezou no Salón de Actos do Centro Cívico cunha Masterclass navideña, a cargo da monitora da actividade de artesanía e manualidades. Tras ela, tivo lugar unha exhibición de baile dos grupos de iniciación e perfeccionamento. Tamén se puideron contemplar os traballos realizados polos participantes nos diferentes obradoiros que se desenvolveron nestes meses: artesanía e manualidades, encaixe de bolillos, reciclaxe e costura creativa e fotografía.

Por outra parte, proxectouse un vídeo resumo das actividades desenvoltas polo programa ACTIVA realizado polos alumnos do obradoiro de informática.  Unha vez finalizados estes actos, os asistentes puideron gozar dunha chocolatada na cafetería do Centro Cívico.

citas musicais deste sábado

O Concello de Sober segue adiante coa súa ampla programación de Nadal á que suma un concerto de clave das Xuventudes Musicais a cargo de Inés Montero, este sábado día 21. A actuación, aberta ao público, será ás 19:30 horas no Centro Sociocultural de Sober.

E a Igrexa Nosa Señora da Antiga-Colexio PP. Escolapios acolle este sábado a partir das 20.00 o tradicional concerto de Corais de Nadal do Concello de Monforte. A actuación correrá a cargo da Coral RENFE de Monforte, da Coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo (Ourense) e da Coral Polifónica Concello de Monforte.

Inés Montero / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior...