Declaración de obra de emerxencia para a rúa Doutor Fleming de Monforte

Se a climatoloxía é favorable, tras Aninovo a Confederación comezará coas obras coas que se quere volver a recuperar canto antes a rúa Doutor Fleming e podela abrir de novo ó tráfico.

Desprendementos Doutor Fleming / Concello de Monforte

O pasado día 12 de decembro, a forza da auga do regueiro das Malloadas, socabou a cimentación da rúa Doutor Fleming de Monforte. Esta fin de semana menbros do equipo de goberno acompañaron ao Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a visitar a zona do derrube e anunciaron a declaración como “obra de emerxencia” sobre dita rúa, o que permitirá axilizar os trámites para o seu arranxo inminente.

Pola súa banda, José Antonio Quiroga salientou que “dende a Confederación acollemos a petición do Concello de Monforte diante desta eventualidade provocada pola climatoloxía e declaramos a obra de emerxencia, co fin de axilizar os trámites para a súa reparación”.

Así, o presidente da Confederación indicou que si a climatoloxía o permite “empezaremos a traballar nos primeiros días de xaneiro coa instalación dunha escolleira que permita repoñer o firme e volver restituír os paramentos e o murete desta rúa”.

O orzamento estimado de esta obra, debido ó seu carácter de emerxencia, será duns 40.000 euros. Precisamente este carácter de emerxencia fai que a obra non teña proxecto previo “porque debemos atender ás circunstancias, xa que queremos facelo o máis rápido posible para restablecer o firme canto antes”, declarou Quiroga.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here