Iniciosociedade“Roberto Lolo é o meu 'papi máxico' e Sarria a miña segunda...

“Roberto Lolo é o meu ‘papi máxico’ e Sarria a miña segunda casa”, Samuel Moreno, mago.

Este venres 10 de xaneiro actuarán na piscina climatizada de Sarria Roberto Lolo, mago local, e Samuel Moreno, un dos magos galegos con maior proxección dada a súa xuventude. Aproveitamos a súa visita para conversar con el.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria ofrece dúas interesantes propostas de lecer para rematar esta semana de transición entre o final do Nadal e a volta á rutina. Para o día 10 está programada unha interesante actuación de maxia na que ademais do sarrián Roberto Lolo actuará tamén Samuel Moreno, un bo amigo de Roberto e mago de gran proxección. O espectáculo conxunto “2 mejor que 1” terá como escenario a piscina climatizada de Sarria e comezará ás 14:30 h. E nese mesmo día, pero ás 18:30 h., haberá opción de ver unha nova película dentro do Ciclo de Cine na Casa da Cultura, neste caso “Harry Potter y la cámara secreta”.

Cartel

Coñecemos un pouco máis a Samuel Moreno, ao que tan ben se recibe en Sarria sempre da man do seu anfitrión e padriño, Roberto Lolo.

Cando comezaches a sentirte atraído pola maxia?

Desde neno encantoume sempre a maxia, pero non foi ata os 14 anos que un amigo meu, que tamén fai maxia, me fixo uns xogos. Nese momento decateime de que o que eu quería facer era que as persoas gozasen tanto como o fixen e fago a día de hoxe.

E cando viches que era o momento de dedicarte profesionalmente?

Desde que empecei na maxia souben que se tiña a oportunidade de poder dedicarme a isto profesionalmente aproveitaríaa. É un soño poder dedicarse a algo que che gusta porque entón non traballarás nunca se non que gozarás e farás gozar a outros coa túa paixón. Actualmente sigo formándome e pelexando por cumprir ese obxectivo.

“É un soño poder dedicarse a algo que che gusta porque entón non traballarás nunca se non que gozarás e farás gozar a outros coa túa paixón”

Como che repercutiu o paso por Got Talent?

A verdade é que Got Talent foi unha experiencia que nunca esquecerei. Permitiu que me dese a coñecer e abriume as portas para empezar a actuar.

Que magos tes como referencia no mundo da maxia?

Hai moitos magos que para min son referentes, desde Dani DaOrtiz, Jorge Blass, Antonio Díaz… Pero sempre me acordarei de cando empezaba que me acheguei con timidez a dous magos moi coñecidos en Galicia; un foi o Mago Rafa, cando xusto acababa de empezar na maxia, e tras o paso por Got Talent coñecín ao que considero un “papi máxico” como me gusta chamalo, Roberto Lolo.

Que é o que máis che gusta da túa profesión?

Poder viaxar, coñecer a xente que goza vendo maxia, as caras de sorpresa, as risas, os aplausos… creo que a profesión de Mago é unha das máis bonitas do mundo porque podes facer que os adultos volvan ser nenos e esquezan os problemas e que os nenos sigan sendo nenos.

“creo que a profesión de Mago é unha das máis bonitas do mundo”

Que destacarías da túa proposta artística, dos teus números e da posta en escena?

É unha pregunta difícil pero se teño que destacar algo creo que sería que fago unha maxia moderna, actual.

Sarria xa parece a túa segunda casa. Como é que vés tanto por estas terras?

Sarria é unha segunda casa para min, sempre que actúo alí noto o agarimo do público e ademais o primeiro festival de maxia no que actuei celebrábase alí. Por iso, sempre que me chama Rober para facer algo en Sarria apúntome sen dubidalo.

“sempre que me chama Rober para facer algo en Sarria apúntome sen dubidalo”

E que me dis de actuar nunha piscina, non será na auga (risas)?

A verdade é que será a primeira vez que actúe nunha piscina, espero que non se me caian as cartas nin caer eu. Porque por agora non teño dominado o de camiñar sobre a auga (risas).

Unha anécdota máis para o currículo, non?

Seguro que será unha actuación para lembrar ademais de que estarei coa mellor compañía porque “2 mellor que 1”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....