Pasarela peonil entre o concello de Sober e cámara agraria

Xunta e Concello de Sober colaboran na construción dunha pasarela peonil elevada que une a casa consistorial e o edificio da antiga Cámara Agraria. O Goberno galego achegou 40.000 euros a esta actuación, a través da que tamén se executaron obras de reforma na planta alta do edificio da Cámara Agraria para albergar espazos municipais.

Pasarela Sober / Concello de Sober

O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou na visita a Sober, que a colaboración entre a Administración autonómica e a local permite levar a cabo actuacións que repercuten en melloras para o día a día dos cidadáns. Nesta liña, incidiu en que a Xunta mantén un diálogo fluído cos concellos galegos aos ser a administración máis próxima a cidadanía e, por ende, a que mellor coñece as demandas e necesidades dos seus veciños.

O Goberno galego tamén destinou o ano pasado case 7.500 euros na mellora da eficiencia enerxética da Casa do Concello no marco do Fondo de Compensación Ambiental. O investimento da Administración autonómica nos últimos anos no concello de Sober foi de case 430.000 euros en distintas actuacións ao abeiro das liñas de axudas da Vicepresidencia como a Orde de Infraestruturas de uso público, que a Xunta xa convocou para este ano cun orzamento de catro millóns de euros, un millón máis que o exercicio anterior.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here