IniciosociedadeFormación dixital en Sober

Formación dixital en Sober

O Concello de Sober vén de abrir o prazo para anotarse nos cursos de formación dixital que ofrecerá na aula de informática e novas tecnoloxías durante os próximos tres meses, de xaneiro a marzo.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Sober oferta catro actividades de balde dentro do seu programa de formación dixital:

  1. Busca de emprego en internet e deseño do curriculum vitae. Os participantes aprenderán cómo facer buscas en internet, buscas de emprego a través das redes sociais e a elaborar un curriculum vitae.
  2. Axustes básicos no móbil. Aprenderán a configurar o móbil: wifi, axenda, pantalla, contactos, descargas e instalacións de aplicacións útiles para a vida cotiá.
  3. Internet no día a día desde a tablet ou o portátil. A formación estará enfocada a manexar unha tablet ou ordenador persoal desde a base. Internet, acceso a servizos, etc.
  4. Libro electrónico-Galicia le. En colaboración coa Biblioteca Pública de Sober a actividade versará sobre compatibilidades e formatos de libros e préstamo na plataforma Galiciale, así como do uso dos libros electrónicos. Trátase dunha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

As persoas adultas interesadas poden anotarse no Centro Sociocultural de Sober, onde está a aula de informática e novas tecnoloxías, ou chamando ao teléfono 982 560 513.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...