(AMPLIACIÓN) A maioría de alumnos do colexio de Sarria apuntalado por obras non foron a clase

A primeira hora da mañá deste martes, 21 de xaneiro, acudiron ás aulas 62 alumnos de 367, xa que algúns pais non os enviaron ao colexio á espera dunha reunión convocada pola tarde pola directora coa ANPA, segundo confirmaron fontes de Educación.

CEIP Frei Luís de Granada, en Sarria | Páxinas Galegas

Os profesores decidiron retomar as clases no colexio Frei Luís Granada de Sarria despois de que este luns fora suspendida a actividade lectiva por mor das obras que se acometen no centro e que levaron ao apuntalamento do edificio. Porén, tan só o 20% do alumnado matriculado acudiu a clase na xornada deste martes.

Por parte da Xunta de Galicia insístese en que a seguridade está “garantida”, como lles trasladan os técnicos da obra que, pola presenza de “gretas”, optaron por apontoar a “parte baixa do edificio e unha aula”, indicaron. Ademais, tamén se instalou un valado “por protección” na zona de maior risco

Estes mesmos técnicos encargados dos traballos destacan que o centro “non corre risco estrutural” e, por tanto, a “seguridade está garantida” para os pequenos e profesores, insisten as mesmas fontes.

REUNIÓN INFORMATIVA

A dirección do centro convocou os pais e nais a unha reunión que se celebrará esta tarde co obxectivo de dar información sobre a situación do colexio.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here