IniciosociedadeO concello de Monforte e a concesionaria da piscina reúnense para solucionar...

O concello de Monforte e a concesionaria da piscina reúnense para solucionar os problemas do servizo

O Concello de Monforte reuniuse este mércores, 29 de xaneiro, coa empresa Alacer-Ocio, concesionaria da xestión da piscina municipal de Monforte, para analizar a problemática da xestión da piscina.

Publicado o

- Advertisement -

Na xuntanza levouse a cabo unha análise dos distintos aspectos que conduciron á situación actual de impago aos traballadores da piscina, dende que a empresa Alacer-Ocio se fixo cargo da cesión do contrato no primeiro semestre do ano 2015. A empresa adxudicataria manifestou que había un desequilibrio económico-financeiro.

Por parte do Concello, o Alcalde manifestoulle a súa vontade de colaborar para solucionar os problemas que se veñen producindo na xestión da piscina, pero que a empresa tiña que aportar a documentación que acredite o desequilibrio manifestado verbalmente, para iso celebrarase unha nova xuntanza o 12 de febreiro ás 12.00.

Se a empresa cumpre o acordado, o Concello ten intención de levar o acordo que se alcance ó Pleno do día 24 do mes de febreiro para que, unha vez cumpridos os trámites legais de publicación e exposición ó público, se corrixa o desequilibrio, se finalmente se demostra.

Diante da empresa, o Concello amosou a preocupación polo retraso no pago de salarios ós traballadores, manifestando a empresa que pagaría o antes posible, pero que estaba pasando unha dificultade importante de tesourería.

O Alcalde espera que na reunión do próximo día 12 a empresa acredite documentalmente as súas pretensións para poder alcanzar un acordo que permita finalizar coas dificultades que está atravesando o servizo, para que os traballadores poidan percibir os seus salarios e podelo aprobar no primeiro pleno que se celebre.

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...